Fran Justo, elixido novo adestrador para o equipo de Preferente

O equipo de Preferente xa ten novo adestrador. Trátase de Fran Justo, home ligado a esta casa dende os seus inicios como xogador, chegando a militar no equipo senior que agora adestrará. Tra-lo seu paso como técnico polo Nogueira de Ramuín ao que ascendeu á Preferente, e habendo adestrado a numerosos equipos da nosa base, desfrutou unha campaña na categoría co equipo de Luintra, pra recalar de novo na súa casa, e dirixir ao conxunto Xuvenil da División de Honra na tempada que ven de rematar.

Fran é un gran coñecedor da nosa entidade, e chega "ilusionado e con moitas gañas de principar os adestramentos". Non estará solo, pois vense de confirmar polo momento, que acompañaralle outro coñecido dea casa como é Millán, nas funcios da preparación física. Dende o Club desexámoslle todo o éxito do mundo, nunha tempada que agardamos sexa histórica.  En breve produciranse diferentes comunicados, pra informar da situación do plantel do primeiro equipo de cara este novo ano.

_v3YkWTA