lunes 23.09.2019

O noso Club, presente no Galicia en Goles, da Radio Gallega

O noso Club, presente no Galicia en Goles, da Radio Gallega

O programa líder da radio en Galicia, é sen dúbida o Galicia en Goles, da Radio Galega. Onte estivo representado o noso Club na edición da fin de semana, que dirixe e presenta Xoán Galán. Na mesma, estivo o noso adestrador do primeiro equipo masculino Fran Justo, e o director deportivo Manu Cerón. Analizaron o encontro entre o Eibar e o FC Barcelona, e participaron posteriormente no faladoiro de Luis García, tamén na mesma cadea. Carlos Jiménez e Xulián Suárez Fuentes, foron outros dos protagonistas do programa no estudo, así como en conexión Peli e Emilio. Dende o noso Club queremos agradecer a invitación, recoñecendo a importancia e cariño que se lles outorga aos equipos de Terceira e Preferente, valorando desa maneira o traballo que nestas categorías se fai.

Comentarios