viernes 18.09.2020

¿Qué tempo terán os nosos equipos esta fin de semana? (08 e 09/04/17)

¿Qué tempo terán os nosos equipos esta fin de semana? (08 e 09/04/17)

Este é o tempo para os nosos equipos, nun fin de semana onde moitos equipos xogarán coma locais, e onde teremos aos dous primeiros equipos xogando na casa tamén. Unha predicción que inclúe os partidos de fútbol sala, por se algunha familia quere facer algún plan aproveitando a viaxe. Esta é unha información, que traemos da man de MeteoGalicia.

OURENSE / A meirande parte dos nosos equipos

Ceos pouco anubrados ou despexados en xeral durante os vindeiros días. Haberá néboas matinais o domingo. As temperaturas serán normais para as mínimas e altas para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en ascenso lixeiro e máximas sen cambios. En canto ó estado da calidade do aire, manterase admisible en termos xerais.

Vilalba (Lugo) / Juvenil "A" masculino

Ceos pouco anubrados ou despexados en xeral durante os vindeiros días, aínda que ocasionalmente tornarán con nubes e claros. Haberá néboas matinais o sábado e o domingo. As temperaturas serán normais para as mínimas e altas para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en ascenso moderado e máximas en descenso moderado. En canto ó estado da calidade do aire, manterase admisible en termos xerais.

Carballo / Cadete “A” masculino

Prevense ceos pouco anubrados ou despexados nas próximas datas. En canto ás temperaturas, serán normais para as mínimas e altas para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que ascenderán moderadamente e máximas que se manterán sen cambios. No referido ó estado da calidade do aire, agárdase que cambie a admisible.

Comentarios