Antía (OU Envialia FSF): "As rapazas novas deben animarse a xogar sen perxuizos"

entrevistas

Hoxe coñecemos a Antía, xogadora máis nova do primeiro equipo do Ourense Envialia, que traballa arreo día a día dando o mellor de sí para medrar como xogadora e como persoa, nunha entidade na que se sinte moi a gusto.

PREGUNTA: ¿Qué tal o día a día no noso Clube?

RESPUESTA: o día a día no clube moi ben, moi agusto e síntome con moitas gañas.

P: ¿Cómo foron os inicios de Antia no Fútbol e por qué este deporte?

R: pois eu empecei a xogar no Verín, os inicios foron moi bos, en comparación con outras rapazas que o mellor tiveron máis dificultades a hora de ter máis barreiras eu non tiven nungunha. si que é verdade que empecei a xogar con rapaces pero pouco despois xa había un equipo de rapazas. O por qué deste deporte foi en especial meu pai que viu que cada vez que me regalaban unha boneca sempre lle quitaba a cabeza e daballe patadas jajajajaja e el sempre andaba a xogar conmigo!

P: ¿Qué é o que máis che apaixoa do mesmo e que espectativas de futuro tes?

R: apaixoame todo o que teña que ver con este deporte, son dada para esto, é o que máis me gusta na vida!

espectativas de futuro é seguir mellorando pouco a pouco e ir gañando obxectivos neste deporte. e porque non algún día chegar a selección, iso faríame moi feliz.

P: Eres moi nova e xa formas parte da primeira plantilla, ¿cómo se leva iso e qué tal coas compañeiras e técnicos?

R: Ao principio tiña "medo" de non poder estar a altura e de non conxeniar ben coas xogadoras, pero agora co tempo estou moi moi agusto. Cada día que pasa fanme mellorar e aconsellanme para facelo,. son como a irmá pequeniña de todas jajajaja

P: ¿Cal é o momento máis especial que viviches ata agora e por qué?

R: O momento máis especial que vivin foi a Copa Xunta aquí en Ourense, creo que o fútbol sala aquí deu dous paso axigantados para crecer, o pavillón era unha autentica loucura de xente, e que o fútbol sala creza así faime moi feliz. despois a nivel de compañeiras e técnicos INCREÍBLE, foi como un soño que a día de hoxe quero seguir soñando o día 1 de maio en pontevedra.

P: ¿Cómo ves a evolución da nosa entidade nos últimos anos?

R: penso que cada ano vai máis a nivel de evolución, cada día hai máis xente especializada e iso axuda a crecer.

P: ¿Gañas de Copa Xunta?

R: como ben dixen antes quero seguir soñando o soño de volver a ganar a copa, e de poder axudar a facelo.

vai ser un encontro bonito contra un equipo moi bo. moitas moitas gañas!

P: Unha mensaxe para todas as rapazas que non se deciden a empezar no fútbol, e para romper barreiras sexistas.

R: decirlles a todas elas que se lle gusta que o fagan, que non se guíen polas barreiras que hai, porque se cada vez somos máis seremos máis fortes e as barreiras diminuirán, asique que se animen a practicar o que lles gusta sin prexuicios.