El Ourense CF se suma al pesar por la muerte de un Cadete del Muxía (D.E.P.)

2016042402380934907

O fútbol galego recibe outro duro golpe só unhas semanas despois da morte dun xuvenil dun futbolista do Racing Vilalbés. Todo o noso fútbol está consternado polo falecemento dun xogador cadete do Muxía durante un partido que se disputaba esta mañá no campo Arliña da localidade da Costa da Morte.


Xogaban o Muxía e o Fisterra un partido da Primeira Autonómica Cadete. Todo normal ata o descanso. F. S. Adboulay, cadete de segundo ano (ten 16 anos) desmaiouse, perdeu a consciencia e xa non volveu a abrir os ollos. Os facultativos só puideron certificar a súa morte. Presentáronse no campo Protección Civil, Policía Local, Servicios de Urxencias cunha ambulancia e incluso o helicóptero do 112, pero nada puideron facer por salvarlle a vida.

Ninguén daba crédito ao sucedido no campo. Ó presidente do club custáballe explicalo entre bágoas. E que resulta imposible atopar explicación. Un rapaz de 16 anos que falece xogando ao fútbol.

Dende a falimia do Ourense CF, unímonos a ese pesar do fútbol galego, e mandamos ánimo e unha cariñosa aperta a toda a familia, Clube e amigos.

FUTGAL