lunes 23.09.2019

Más que nunca, orgullosos de nuestras guerreras, orgullo de Club

Más que nunca, orgullosos de nuestras guerreras, orgullo de Club

Por dous goles a un venceu o Poio Pescamar FSF a final da Copa Xunta de Fútbol Sala 2017. Un partido moi igualado, como os disputados estatempada entre os dous equipos, decidiuse por pequenos detalles.

Pero non hai que deixar de agradecer. A cada unha das nosas xogadoras e membros do staff técnico, que volveron a regalarnos unha final, que voltaron a facernos vibrar, a facernos soñar. A lembrarnos que seguimos na élite, que somos élite. Agradecer a cadaxogadora cada sufrimento, cada disputa, cada minuto de partido. Porque este equipo danos día a día sentemento e razóns para seguir creendo nun proxecto que medra coma a espuma. Para perder unha final hai que chegar a ela. Son moitas finales, moitas copas Xunta, e seguen estando ahi, acadándoas ou achegandose a elas. Grazas por darnos motivos, por darnos ilusión, por darnos compromiso. Por ser exeplo para cada rapaza quw se inicia neste mundillo e por ser exemplo ademáis de deportivo, persoal. Sodes un grupo do que so podemos sentirnos orgullosos, porque sodes o orgullo de este Club. Grazas por abrir o camiño do que deben ser os valores dunha entidade, e por representar os valores do deporte con tanta eficacia. Grazas polo voso fútbol, pola vosa personalidade. Grazas por ser Ourense, por representar Ourense. Sencillamente, GRAZAS.

Comentarios