Viernes 28.07.2017

Nuestro presidente, nuevo miembro del Comité de Fútbol Base y Aficionado de la FUTGAL en representación de los clubes ourensanos

Nuestro presidente, nuevo miembro del Comité de Fútbol Base y Aficionado de la FUTGAL en representación de los clubes ourensanos

A Xunta Directiva da Federación Galega de Fútbol aprobou a composición do novo Comité de Fútbol Base e Aficionado, o órgano federativo encargado de analisar o sistema competicional e propoñer as distintas modificacións ao repecto e que logo deben ser ratificadas pola Asamblea Xeral.

Este novo Comité mantivo esta semana a súa primeira reunión en Santiago. Unha primeira toma de contacto na que se puxeron sobre a mesa os primeiros temas a tratar. E na que tamén se decidiron as datas para a celebración da primeira fase dos Campionatos Galegos de Seleccións Comarcais. O de categoría Sub 15 masculina será o 20 de decembro e o de categoría Sub 15 feminina e o de Sub 12, tanto masculino como feminino, disputarase o día 27.

Coa posta en marcha do Comité de Fútbol Base e Aficionado queda prácticamente pechada toda a estructura federativa. Neste Comité está representada a Xunta Directiva, a área deportiva da Federación, todas as Delegacións e tamén os clubs, representados os de Ourense polo Ourense CF, na persoa do noso presidente: Camilo Díaz.

Os membros do Comité de Fútbol Base e Aficionado son:

Presidente da FGF (ou persoa na que delegue): Rafael Louzán

Secretario Xeral: Diego Batalla

Vicesecretario Xeral: Benjamín Amido

Director Deportivo: Manu Fernández

Delegado Ferrol: Manuel Mesa

Delegado Lugo: *pendente

Delegado Santiago: Manuel Castiñeiras

Delegado Ourense: Raúl Rois

Delegado Pontevedra: Jaime Otero

Delegado Vigo: Enrique González

Club A Coruña: Victoria CF (Juan Vázquez)

Club Ferrol: Galicia Caranza (Enrique Soto)

Club Lugo: SCD Milagrosa (José Magín)

Club Santiago: O Pino SD (Adrián Nieto)

Club Ourense: Ourense CF (Camilo Díaz)

Club Pontevedra: Alondras CF (Luis Guimeráns)

Club Vigo: Colegio Hogar "San Roque" (Jose A. Zunzunegui)

Comentarios