¿Qué tempo terán os nosos equipos este fin de semana? (5 e 6 /11/16)

partly_cloudly

Este é o tempo para os nosos equipos, incluindo os de fútbol sala, poste que informamos aos que van a Coruña ou Lugo, por se alguén fai planes. Unha información que traemos da man de MeteoGalicia.

A CORUÑA / Autonómica FSF

Ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán en descenso moderado. En canto ó estado da calidade do aire, manterase bo en termos xerais.

 tiempo1

BURELA / 1ª División FSF:

Ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán en descenso moderado.

No referido ó estado da calidade do aire, manterase bo en xeral.

tiempo2

PORTONOVO / Infantil Liga Gallega:

Ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días. Agárdanse precipitacións o venres e o sábado. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso notable e máximas en descenso moderado. No referido ó estado da calidade do aire, manterase bo en xeral.

tiempo3

EQUIPOS QUE XOGAN EN OURENSE E COMARCA:

Prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas. Haberá precipitacións o venres e o sábado. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral descenderán moderadamente. En canto ó estado da calidade do aire, manterase bo en termos xerais.

tiempo4

Más en Noticias