martes 17.09.2019

¿Qué tempo terán os nosos equipos esta fin de semana? (01 e 02/04/17)

¿Qué tempo terán os nosos equipos esta fin de semana? (01 e 02/04/17)

Este é o tempo para os nosos equipos, nun fin de semana onde moitos equipos xogarán coma visitantes, e onde teremos aos dous primeiros equipos xogando a domicilio tamén. Unha predicción que inclúe os partidos de fútbol sala, por se algunha familia quere facer algún plan aproveitando a viaxe. Esta é unha información, que traemos da man de MeteoGalicia.

OURENSE / A meirande parte dos nosos equipos

Teremos ceos con nubosidade moi variable durante todo o período. Haberá néboas matinais o domingo e o luns. Agárdanse precipitacións o venres. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso lixeiro e máximas en ascenso moderado. No referido ó estado da calidade do aire, manterase admisible en xeral.

Salceda de Caselas / Primeiro equipo masculino e filial FSF

Teremos ceos pouco anubrados ou despexados con momentos moi anubrados ou con nubes e claros. Haberá precipitacións o venres e o sábado. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán moderadamente e máximas que ascenderán notablemente. En canto ó estado da calidade do aire, manterase admisible en termos xerais.

Pontevedra / Infantil "A" masculino

O ceo alternará períodos pouco anubrados ou despexados con outros ocasionalmente moi anubrados ou con nubes e claros. Agárdanse precipitacións o venres e o sábado. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso moderado aínda que oscilarán e máximas en ascenso moderado. En canto ó estado da calidade do aire, manterase admisible en termos xerais.

Monforte de Lemos / Alevín "B" masculino

Teremos ceos con nubosidade moi variable durante todo o período. Haberá néboas matinais o domingo e o luns. Agárdanse precipitacións o venres. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso moderado e máximas en ascenso notable. En canto ó estado da calidade do aire, manterase admisible en termos xerais.

Comentarios