¿Te has apuntado ya? Reserva tu dorsal para la I Andaina Solidaria Ourense CF

IMG-20170210-WA0000

Como xa saberás, o noso Clube celebrará dentro do programa social "Ourense de 10", a 1ª edición da Andaina de Ourense C.F, a cal terá un fin cento por cento social, e sendo destinada a súa recadación aos proxectos de infancia de Cruz Vermella en Ourense.

Esta Andaia levarase a cabo o vindeiro domingo día 19 de febreiro de 2017, podendo participar nela persoas de todas as idades, para o que terán que abonar un custo de inscrición de 3 euros, sendo como dicimos, todo o recadado destinado aos proxectos de infancia de Cruz Vermella Ourense.

  • Indicar que todos os inscritos poderán recoller os seus dorsais nas oficinas do Ourense C.F, durante a semana previa á carreira, en horario de 17:00 a 21:00 horas.
  • A saída será o día 19 ás 10:00 horas fronte ao restaurante Oira Praia, sendo a meta no mesmo lugar, logo de 12 km nos cales percorreremos as beiras do Río Miño e unhas contornas naturais de gran beleza.
  • Podes inscribirche a través da páxina da federación galega de atletismo: www.carreirasgalegas.com

Podes realizar unha achega utilizando a pasarela de pago, mediante un donativo na propia inscrición ou ben utilizando a plataforma do dorsal 0.

Tamén podes realizar o teu donativo directamente no seguinte número de conta, indicando o teu nome, apelidos e teléfono e a palabra Andaina.

ES89 2080 0450 8231 1000 1568

  • Por último indicar que todos os participantes, ao finalizar a proba terán á súa disposición uns petiscos para repoñer forzas.

Anímate, inscríbeche e dá un paso máis para axudar aos nenos que máis o necesitan!