Imprimir

¿Qué tempo terán os nosos equipos esta fin de semana? (25 e 26/03/17)

Ourense Club de Fútbol | 24 de marzo de 2017

Este é o tempo para os nosos equipos, nun fin de semana onde moitos equipos xogarán coma visitantes, e onde teremos aos dous primeiros equipos coma locais. Unha predicción que inclúe os partidos de fútbol sala, por se algunha familia quere facer algún plan aproveitando a viaxe. Esta é unha información, que traemos da man de MeteoGalicia.

OURENSE / A meirande parte dos nosos equipos

Prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas. Haberá precipitacións o sábado pola noite e do domingo pola tarde ó luns pola tarde. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral ascenderán moderadamente. No referido ó estado da calidade do aire, manterase admisible en xeral.

A Coruña / Juvenil "A" e Cadete "A" (masculino)

Ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso lixeiro e máximas en ascenso moderado, a pesares de que oscilarán. En canto ó estado da calidade do aire, manterase admisible en termos xerais.

Lalín / Alevín Mixto FSF

Ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en ascenso lixeiro. No referido ó estado da calidade do aire, manterase admisible en xeral.

 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/noticias/que-tempo-teran-os-nosos-equipos-esta-fin-de-semana-25-e-260317/20170324155208036769.html


© 2020 Ourense Club de Fútbol

Ourense Club de Futbol. - Copyright © 2017
Plataforma Opennemas - CMS for digital newspapers
OpenHost, S.L.