Dito acordo servirá para que o CF Cañiza exerza de eslabón intermedio e poida captar xogadores xóvenes da contorna das dúas provincias, colaborando no seu crecemento futbolístico.
O Ourense CF podera contar con futbolistas do CF Cañiza en entrenamentos, torneos e pretemporada, co fin de realizar un mellor seguimento destos xogadores para que quizás nun futuro poidan dar o salto o equipo ourensán.
Co fin de unir esforzos na formación de xogadores, equipos base do CF Cañiza poderán xogar os torneos organizados polo Ourense CF, dandolle a oportunidade de disfrutar de novas experiencias futbolísticas.
Entrenadores de ambos clubes unificaran e compartirán metodos de traballo, contribuíndo a unha mellora no ámbito da formación de novos adestradores e futbolistas.
Dito acordo tamén contempla beneficios para socios, xogadores e membros do CF Cañiza, con acceso a partidos do Ourense CF, militante na categoría 2ªREF, así como participar en sorteos realizados polo clube.
Esperamos que este acordo sexa beneficios para ambos clubes e podamos seguir medrando e disfrutando deste maravilloso deporte xuntos.
