A Xunta Directiva da Federación Galega de Fútbol aprobou a composición do novo Comité de Fútbol Base e Aficionado, o órgano federativo encargado de analisar o sistema competicional e propoñer as distintas modificacións ao repecto e que logo deben ser ratificadas pola Asamblea Xeral.
Este novo Comité mantivo esta semana a súa primeira reunión en Santiago. Unha primeira toma de contacto na que se puxeron sobre a mesa os primeiros temas a tratar. E na que tamén se decidiron as datas para a celebración da primeira fase dos Campionatos Galegos de Seleccións Comarcais. O de categoría Sub 15 masculina será o 20 de decembro e o de categoría Sub 15 feminina e o de Sub 12, tanto masculino como feminino, disputarase o día 27.
Coa posta en marcha do Comité de Fútbol Base e Aficionado queda prácticamente pechada toda a estructura federativa. Neste Comité está representada a Xunta Directiva, a área deportiva da Federación, todas as Delegacións e tamén os clubs, representados os de Ourense polo Ourense CF, na persoa do noso presidente: Camilo Díaz.
Os membros do Comité de Fútbol Base e Aficionado son:
Presidente da FGF (ou persoa na que delegue): Rafael Louzán
Secretario Xeral: Diego Batalla
Vicesecretario Xeral: Benjamín Amido
Director Deportivo: Manu Fernández
Delegado Ferrol: Manuel Mesa
Delegado Lugo: *pendente
Delegado Santiago: Manuel Castiñeiras
Delegado Ourense: Raúl Rois
Delegado Pontevedra: Jaime Otero
Delegado Vigo: Enrique González
Club A Coruña: Victoria CF (Juan Vázquez)
Club Ferrol: Galicia Caranza (Enrique Soto)
Club Lugo: SCD Milagrosa (José Magín)
Club Santiago: O Pino SD (Adrián Nieto)
Club Ourense: Ourense CF (Camilo Díaz)
Club Pontevedra: Alondras CF (Luis Guimeráns)
Club Vigo: Colegio Hogar "San Roque" (Jose A. Zunzunegui)