¿Qué tempo terán os nosos equipos esta fin de semana? (18 e 19/03/17)

imagecouto

Este é o tempo para os nosos equipos, nun fin de semana onde moitos equipos xogarán coma visitantes, en onde e onde teremos aos dous primeiros equipos coma visitantes. Unha predicción que inclúe os partidos de fútbol sala, por se algunha familia quere facer algún plan aproveitando a viaxe. Esta é unha información, que traemos da man de MeteoGalicia.

OURENSE / A meirande parte dos nosos equipos

Prevense ceos pouco anubrados ou despexados nas próximas datas. En canto ás temperaturas, serán normais para as mínimas e altas para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que ascenderán lixeiramente e máximas que descenderán lixeiramente. En canto ó estado da calidade do aire, manterase bo en termos xerais.

RIBADEO / Filial Autonómica FSF

Ceos moi anubrados ó comezo do período, aínda que cara a metade e ó final do mesmo predominarán con nubes e claros. En canto ás temperaturas, serán altas para as mínimas e normais para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que descenderán moderadamente e máximas que se manterán sen cambios. En canto ó estado da calidade do aire, mellorará a bo.