A competición nesta 3ª RFEF arrincará oficialmente a fin de semana do 11-12 de setembro e ten previsto o seu remate o 24 de abril.
O primeiro clasificado da fase regular ao termo das 34 xornadas de liga ascenderá de forma directa á 2ª RFEF, mentres que os catro seguintes clasificados (2º, 3º, 4º e 5º) disputarán un playoff de ascenso. O gañador deste playoff xogarase o salto de categoría contra o gañador do playoff doutro dos grupos da 3ª RFEF.
En canto aos descensos, os tres últimos clasificados perderán a categoría, mentres que o 14º clasificado tamén pode descender se no playoff de ascenso non ascende un dos equipos galegos.
ACCEDE AO CALENDARIO COMPLETO NO SEGUINTE LINK
VÍA FUTGAL : http://futgal.es/pnfg/NBdd_ShwDocumento?cod_primaria=5001712&cod_documento=24545