martes 02.06.2020

O Ourense CF anima a participar na Gala contra o cancro de Ourense 2019

A VII Gala contra o Cancro de Ourense celébrase o  21 de decembro no Auditorio Municipal de Ourense
2019-12-14_19-29-54_DavidMartinez_051
2019-12-14_19-29-54_DavidMartinez_051
O Ourense CF anima a participar na Gala contra o cancro de Ourense 2019

• A Gala Contra o Cancro de Ourense celebra a súa sétima edición no Auditorio Municipal da cidade, o sábado 21 de decembro ás 20.30h.

• O evento aspira a voltar a colgar o cartaz de entradas esgotadas e superar os 40.000 euros de recadación durante os últimos sete anos.

• De Vacas, Davide Salvado e Fransy González, Patricia Moon, Antonio Luz  e a Academia de Baile Fusión conforman o cartaz desta sétima edición.

• A gala estará presentada por Rubén Riós e Beatriz Serén.

As entradas para a gala xa están disponibles á venda anticipada nas oficinas da Asociación Española contra o Cancro de  Ourense, sita na rúa Curros Enriquez, 26. Nos vindeiros días, a Organización anunciará novos puntos de venda.

As entradas terán o custe de 5 € anticipada e de 8 € na billeteira. Este evento está organizado pola Asociación Xuvenil Cultural As Canellas e coa produción de Claqueta Coqueta.  

 

envialia galaourense cf gala

gala contra o cancro 2019

Comentarios