Viernes 28.07.2017

Galicia campeona de España

Galicia campeona de España

Desde nuestro club quiere dar la enhorabuena a la Selección Gallega sub-21 fenenina de fútbol sala por proclamarse Campeona de España, especialmente las integrantes de nuestro club.

Esta es la cronica de la pagina de la federación gallega. A Selección Galega Sub-21 feminina de fútbol sala proclamouse de forma sobresaínte campiona de España de seleccións autonómicas logo de gañar na final a Valencia por un claro 7-3. Foi unha fase final cun claro dominio galego, con dúas vitorias por goleada (na semifinal contra Murcia e na final contra Valencia) amosando unha capacidade goleadora magnífica.

A final foi un partido bastante similar ao do sábado. De novo Galicia puxo o partido de cara gracias a dous tempraneiros goles (de Claudia e Vanessa) que lle permitiron afrontar con bastante tranquilidade o encontro. Manuel Del Castillo volveu a apostar por unha defensa en propio campo e buscar roubos de pelota e contras letais. O plantexamento deulle bo resultado na semifinal e tamén hoxe na final. A falta de medio minuto para o descanso chegou o terceiro gol galego, por mediación de Ale, que deixou o partido moi encarrilado.

Na segunda metade as valencianas tiñan que arriscar e pronto apostaron por porteira-xogadora. Iso fixo que as galegas retrasasen a liña defensiva para pechar espacios. O traballo defensivo foi perfecto e, ademais, foron capaces de ampliar a distancia cun par de goles máis que deixaban o encontro virtualmente sentenciado. Houbo tempo incluso de que a nosa porteira, Ana, marcase un gol desde a súa área aproveitando que Valencia estaba xa sen gardarredes.

E co remate do partido, celebración por todo o alto dun equipo que se proclamou campión de España por méritos propios e dun xeito máis que brilante. ¡¡FELICIDADES!!

FICHA TÉCNICA

Galicia: Ana, Ana Rivera, María Arias, Vanessa Sotelo, Claudia. Tamén xogaron: Ale, Nerea Moldes, Paula.Completan o equipo: Laura Doce, María Romero, Belén e Eva Lema.

Valencia: Aba Belén, Elena García, Ángela, Kichi, Andrea. Tamén xogaron: Esther, Marga e Andrea Palanca.

Goles: 1-0 Claudia (m. 2); 2-0 Vanessa (m. 7); 3-0 Ale (m. 19); 4-0 Vanessa (m. 21); 5-0 Ana Rivera (m. 23); 5-1 Marga (m. 24); 5-2 Andrea (m. 25); 6-2 Claudia (m. 29); 7-2 Ana (m. 30); 7-3 Andrea Palanca (m. 31).

Pavillón: Gabriel Pérez, de Roldán.

Comentarios