martes 15.10.2019

Gabriel Civile, titular en la Selección Gallega Sub-16, que hizo pleno en A Estrada

Gabriel Civile, titular en la Selección Gallega Sub-16, que hizo pleno en A Estrada

Moi satisfeitos acabaron os xogadores galegos que forman a Selección Sub16 despois da gran segunda fase realizada, na que conseguiron o pleno de puntos logo de gañarlle a Madrid e a Ceuta, certo que con moito máis sufrimento do esperado. De feito, houbo que esperar ata os últimos instantes. Iker Losada realizou unha gran acción individual que rematou con disparo cruzado, facendo o único gol do encontro. O noso xogador Gabriel Civile foi titular, e realizou unha gran actuación.

Ceuta competiu moi ben ante unha selección galega que non tivo a soltura e o acerto do venres. De feito foron os ceutís os que tiveron as opcións máis claras para adiantarse no marcador, sobre todo cun trallazo de Taufek ó longueiro.

Pouco a pouco Galicia foise facendo co control do xogo e do partido, pero non tiña traducción no marcador. As ocasións creadas non remataban en gol e o tempo foi pasando. Ángel Oliveira buscou solucións desde o banquillo, pero como soe pasar nestes partidos tan atascados, foi unha acción individual a que decidiu o resultado.

A Selección Galega remata o Campionato de España 2016-2017 con 7 puntos, na novena posición, empatada con Valencia, que foi oitava. Pero sobre todo remata con moi boas sensacións e cunha enorme melloría con respecto á primeira fase, sendo esto sen dúbida o que máis satisfeito deixa ó seleccionador, Ángel Oliveira "Pacho".

O presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, que non perdeu detalle de todos os partidos do campionato, baixou ós vestiarios para felicitar a xogadores e corpo técnico polo gran traballo, a boa imaxe ofrecida e tamén polas dúas vitorias colleitadas. Así o fixo tamén o director deportivo, Manu Fernández.

¡¡NORABOA A TODOS!!

FICHA TÉCNICA

Galicia: Nahuel, Hermelo, Fraga, Barba, Mosquera (Paulo, 58'), Aldán Naval (Iker Losada, 50'), Julián, Blanco (Dacosta, 47'), Alejandro, Carracelas, Civile (Iván, 64').

Ceuta: Hugo, Daniel, Mohamed, Carrasco, Pablo, Alamillos, Reyad (Oñi, 64'), Taufek, Hita (Heredia, 53'), Mario (Álvaro, 41'), Álex (Nico, 75').

Gol: 1-0 Iker Losada (79').

Árbitro: Gómez Lameiro, asistido por González Caramés e Oliveira Dios e con Domenech Escandell como cuarto árbitro. Amonestou con cartón amarelo ó xogador ceutí Hita.

Estadio: Municipal da Estrada. 450 espectadores.

REDACCIÓN FUTGAL

 

Comentarios