martes 04.08.2020

Xinzo (Preferente): "Demostraremos con traballo que merecemos outra categoría"

Xinzo (Preferente): "Demostraremos con traballo que merecemos outra categoría"

Seguimos coñecendo a xogadores e xogadoras dos primeiros equipos, e hoxe é o turno de Pablo Nogueiras, máis coñecido como "Xinzo". Chegou ao Club como un retoño, tal e como se aprecia na fotografía, e cunha progresión de escándalo, rematou a súa etapa xuvenil ascendendo ao equipo á División de Honra. Tralo seu primeiro ano como senior, segue con nos e consagrouse coma xogador do primeiro equipo, que milita en Prefrente.

PREGUNTA: ¿Cómo é o día a día cos compañeiros do vestuario do primeiro equipo? 

RESPOSTA: O noso vestiario a pesar da dificultade de ser un equipo prácticamente novo, é un equipo moi unido. A verdade e que todos se integraron rápido, sobre todo despois da racha positiva, que todo empezou a funcionar moito mellor. Queiras que non, no fútbol as rachas negativas nun equipo nótanse, pero a pesar de eso, a unión e o traballo diario nos entrenos foron a clave para seguir adiante, e afrontando todo da mellor maneira posible.

P: ¿Cómo ves ao Club en cuanto a estructura e demáis, respecto á categoría?

R: O  Club nótase que é un club de maior categoría, e un Club ambicioso con gañas de superarse en todo o que fixo o longo da súa historia. Os seus directivos implícanse todo o posible para que os xogadores estemos o máis cómodo e contentos posible, e móstranse moi cercanos ao vestiario, cousa que en poucos clubes se pode ver eso.

P: ¿Qué obxetivos de equipo e particulares tes esta tempada?

R: O obxetivo de equipo penso que e moi claro, como é o ascenso a Terceira División. Adestramos duro cada día e demostramos que somos un equipo de superior categoría, pero eso ten que se ver reflectido nos resultados. Partido a partido intentaremos demostrar onde merecemos estar. A nivel persoal seguir entrenando duro e chegar a competir na categoría máis elevada posible, pero sobre todo seguir disfrutando e estando feliz xogando o fútbol.

P: Estiveche no Clube cun particular récord, na túa etapa xuvenil. ¿Que supuxo iso para tí?

R: Da etapa de xuvenil a verdade e que tiven a sorte de poder estar os 3 anos de ascensos consecutivos, comezando en provincial, onde ninguén se esperaba que en tres anos acabara o equipo en División de Honra.

Na primeira etapa de xuveniles, co que é agora o noso entrenador Fran, a verdade e que sempre se nos viu que éramos un equipo moi superior aos demais, foi o ascenso mais "fácil" dos tres, eso si, pero non regalado.

O segundo ano a categoría xa empezaba a ser moito máis difícil, e tendo en conta que empezamos con 0 puntos nas 3 primeiras xornadas, xa ninguén apostaba por nos. Despois co cambio de adestrador que pasou a ser Diego, empezamos a gañar partidos e podíamos ver que o ascenso non estaba tan lonxe, e ca unión do equipo e co traballo, conseguimos ascender a Nacional.

O terceiro ano, para min o ano máis dificil de todos, xa que o nivel da categoría xa che implica máis sacrificio, en principio o propósito do equipo era intentar mantelo, e cando xa fixemos numeros e nos alonxamos do descenso, vimos que poucos equipos podían ser superiores a nos. Co gran esforzo e sobre todo co gran traballo que realizou o entrenador que era Jose Antonio, conseguimos o ascenso que ninguen esperaba que conseguiramos.

Para min eses tres anos supuxeron unha gran experiencia e sobre todo poder ver a cara bonita do fútbol como pode ser que a unioón nun equipo pode chegar a conseguir victorias, tivemos un lema que decía: "máis que un equipo, unha familia".

P: ¿Cánto cambiuo o Club dende que empezou a túa etapa con nos?

R: Cheguei ó Club con tan solo 5 anos e desde aquelas fun vendo como o Club ia medrando ano tras ano, intentando ter sempre os equipos da base e o primeiro equipo nas categorías máis arriba posibles. A base na actualidade é unha das máis grandes e recoñecidas tanto a nivel provincial como a nivel galego. O primeiro equipo esperemos levalo o máis arriba posible.

P: ¿Cál foi o partido máis especial que disputache con nos y por qué o lembras con tanto agarimo?

R: teño ata catro ocasions especiais, o último partido da fase de ascenso a Galega, o último partido no que logramos o ascenso a Nacional, o debut no couto co primeiro equipo... pero o que máis marcado me ten, é o partido de ascenso a División de Honra.

P: Arrincou a tempada e trala adaptación, viñeron grandes resultados, ¿qué agardas da segunda volta?

R: Os partidos de volta nesta categoría sempre se veñen marcados polo esgotamento, polo que os equipos máis grandes manteñen o nivel e consiguen superar números da ida, mentres que algún que outro equipo consigue sobrevivir a categoría, polo conseguido na ida. Queda moito que xogar e moito que demostrar, queda toda a volta e intentaremos dar o mellor de cada un para poder conseguir o noso obxetivo.

Comentarios